Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O tradicional mercado das flores celébrase o xoves e o venres

O tradicional mercado das flores celébrase o xoves e o venres

Mércores, 29 de outubro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Como cada ano, pola festividade do día de Todos os Santos, celebrarase o tradicional mercado das flores nas instalacións do Mercado Municipal de Abastos. Mañá xoves, 30 de outubro,e o venres 31, poderanse encontrar todo tipo de centros y de flores para decorara as sepulturas no cemiterio.

Por outra banda, dende o 27 de outubro e ata o día 2 de novembro amplíase o horario habitual do cemiterio municipal que permanecerá aberto de forma ininterrumpida dende as 10:00 ata as 19:00 horas para facilitarlle aos lucenses a súa visita e a habitual labor destas datas de limpeza e engalanamento das sepulturas.

Ademais o Concello de Lugo reforzará o servizo de autobuses ao Cemiterio Municipal o día 1 de novembro con dous buses que realizarán o seguinte percorrido:

Saídas desde sindicatos con destino ao cemiterio e viceversa cada 20 minutos, ademais do servizo normal da línea 5E, que realizará o seu itinerario e horario normal dun día festivo.

Itinerario:

- SINDICATOS, Ronda da Muralla, Rúa Santiago; Ponte Vella, Estrada Vella de Santiago, Cemiterio.

-CEMENTERIO, Estrada Vella de Santiago, Ponte Vella, Ronda da Muralla, Sindicatos

Frecuencia:
           
- Desde Sindicatos con destino ao Cemiterio cada 20 minutos desde as 9:00 atas as 19:00 horas.

- Desde o Cemiterio con destino a Sindicatos cada 20 minutos desde as 9:20 ata as 19:20 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-tradicional-mercado-das-flores-celebrase-o-xoves-e-o-venres