Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O suspense, fío condutor da segunda cata literaria do MIHL

O suspense, fío condutor da segunda cata literaria do MIHL

Carmen Basadre presentou á protagonista, a lancaresa Rocío López, “unha apaixoada do suspense”, tal e como a definiu a edil

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Museos e exposicións,
    • Programación cultural
Xoves, 11 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves á protagonista da segunda cata literaria do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), a lancaresa Rocío López, “unha apaixoada do suspense”, tal e como a definiu a edil.

Nas Catas Literarias, que terán lugar o segundo xoves de cada mes ata xuño, mistúrase literatura, gastronomía lucense, viño da Ribeira Sacra e música de Lugo. O oncólogo e investigador José Ramón Germa Llug será o encargado de ofrecer a cata do mes de marzo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-suspense-fio-condutor-da-segunda-cata-literaria-do-mihl