Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias prepara novas actividades de lecer para a mocidade lucense

O Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias prepara novas actividades de lecer para a mocidade lucense

  • Tema
    • Igualdade
Luns, 24 de agosto de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias do Concello de Lugo dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Carmen Basadre, realizará entre o 24 de agosto e o 11 de setembro un conxunto de actividades que terán lugar na Praza do Castiñeiro.

Todos os rapaces e rapazas que queiran participar poderán achegarse á praza entre as 18:00 e as 20:00 horas. Son actividades de lecer dirixidas aos máis novos: dinámicas grupais, xincanas, xogos populares... que serán conducidos por monitores. Ademais realizaranse outros xogos para desenvolver as habilidades psicomotrices.

Esta actividade está subvencionada a través dos Bens Decomisados do Plan Nacional de Drogas.

Portal de Prevención de Drogas [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-servizo-municipal-de-prevencion-das-drogodependencias-prepara-novas-actividades-de-lecer

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/prevenciondrogas