O servizo de limpeza viaria diminúe mañá o número de dispositivos pola celebración do patrón
- Tema
- Benestar social,
- Desenvolvemento social,
- Atención cidadá,
- Urbanismo
Martes, 02 de novembro de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa
Dende a área de Medio Ambiente dáse traslado de que, con motivo da celebración do seu patrón, o cadro de persoal da empresa encargada do servizo de limpeza viaria e recollida de lixo festexará mañá a San Martín de Porres, de maneira que os dispositivos veranse reducidos sensiblemente durante toda a xornada.
O Concello pide desculpas á veciñanza polas molestias que estas variacións no servizo poidan ocasionar.