Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O servizo de limpeza refórzase para facer fronte ao incremento de residuos pola festa da Carballeira

O servizo de limpeza refórzase para facer fronte ao incremento de residuos pola festa da Carballeira

A Policía Local desplegará un servizo integrado por dúas Unidades Móbiles que permanecerán nas inmediacións da celebración

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Residuos,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade
Martes, 15 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo ten en marcha un dispositivo especial con motivo da celebración da festa da Carballeira, que terá lugar mañá mércores. O operativo de limpeza estará formado por 20 operarios, 5 condutores, 13 peóns e 2 maquinistas, así como por 11 máquinas en total, tanto de baldeo mixto como de baldeo mecánico, camións satélite, recolector, hidrolimpadora, motocarro, furgón porter, furgón de mantemento e varredoras. Este servizo de limpeza, que prestará especial atención á ruta de subida dende a Carballeira ao centro, prevé ter a zona totalmente limpa ás 12 da mañá do xoves.

No tocante á seguridade, a Policía Local despregará un servizo integrado por dúas Unidades Móbiles que permanecerán nas inmediacións da celebración. O Xefe de Turno estará coordinado coa Policía Nacional, que tamén ofrecerá servizo en dito lugar.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-servizo-de-limpeza-reforzase-para-facer-fronte-ao-incremento-de-residuos-pola-festa-da