Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O servizo de impresión a demanda da concellería de Educación atendeu a máis de 100 familias en dúas semanas

O servizo de impresión a demanda da concellería de Educación atendeu a máis de 100 familias en dúas semanas

Felipe Rivas: “unha vez máis, desde o Concello estamos tratando de cubrir os ocos que a Xunta de Galiza deixa abertos”

A concellería de educación entregou ás familias máis de 8.000 páxinas

  • Tema
    • COVID-19,
    • Educación,
    • Centros de ensino
Martes, 21 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O servizo de impresión a demanda da concellería de Educación atendeu a máis de 100 familias en dúas semanas

O servizo de impresión a demanda que puxo en marcha a Concellería de Educación atendeu máis dun cento de peticións nas dúas semanas que leva en marcha. Entregando máis de 8.000 páxinas. Segundo indicou o concelleiro de Educación, Felipe Rivas, “nestes días atendemos a familias sen recursos que permitan a impresión, que realmente precisan este servizo”.

“Puxemos en marcha este servizo para que todas as escolares e estudantes de Lugo continúen a ter acceso aos documentos que sexan imprescindibles para continuar coa actividade lectiva, cubrindo desde o Concello un oco que a Xunta de Galiza deixou aberto”, declarou o edil de educación. Para utilizar o servizo, deberanse enviar os arquivos a imprimir ao correo impresionslugo@gmail.com [1], xunto cun teléfono de contacto. Unha vez impresos os documentos, contactarase coa persoa solicitante para a entrega.

Felipe Rivas reafirmou o compromiso da Concellería de Educación para colaborar coa Xunta en que o confinamento teña o menor impacto posíbel no desenvolvemento da actividade educativa. Felipe Rivas lembrou que “desde o Concello queremos que as familias teñan acceso aos libros de texto que están nos centros de ensino, mais debe ser a Xunta, que ten as competencias en educación, quen tome a decisión”.

Audio

  • O concelleiro de Educación, Felipe Rivas, sobre as impresións a demanda | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-servizo-de-impresion-demanda-da-concelleria-de-educacion-atendeu-mais-de-100-familias-en

Ligazóns:
[1] mailto:impresionslugo@gmail.com
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200421_felipe_rivas_impresion_a_demanda.mp3