Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Servizo de Extinción de Incendios e a Policía Local desprazarónse a rúa Acivro por mor dun pequeno incendio nunha vivenda

O Servizo de Extinción de Incendios e a Policía Local desprazarónse a rúa Acivro por mor dun pequeno incendio nunha vivenda

Venres, 21 de novembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os Bombeiros e a Policía Local foron alertados polos veciños, ás 7.10 horas horas do día 21, para sufocar un pequeño incendio no nº3 da rúa rúa Acivro.

O incendio afectou a un electrodoméstico na cociña desta vivenda e foi controlado polos moradores, non sendo necesaria a intervención dos Bombeiros nin da Policía Local desprazados ao lugar.

Á vivenda tamén se desprazou unha ambulancia do 061,  que tampouco tivo que atender a ninguén.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-servizo-de-extincion-de-incendios-e-policia-local-desprazaronse-rua-acivro-por-mor-dun