Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Servizo de Desratización actúa na Piringalla e no parque da Milagrosa

O Servizo de Desratización actúa na Piringalla e no parque da Milagrosa

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 2 de febreiro, o Servizo de Desratización actuará nas rúas e prazas da zona da Piringalla e arredores.

Ademais, tamén actuarán por todo o parque da Milagrosa e repasarán as seguintes rúas:
 
Rúa Serra de Ancares
Rúa Castelao
Zona do Carqueixo e arredores

Trátase dunha nova actuación deste servizo, que actúa todas as semanas en Lugo e que realiza o tratamento de todos os barrios unha media de tres veces ao ano.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-servizo-de-desratizacion-actua-na-piringalla-e-no-parque-da-milagrosa