Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O San Froilán chega ata Portugal a través dun programa en directo da Radio Televisión Portuguesa dende a Praza Maior de Lugo

O San Froilán chega ata Portugal a través dun programa en directo da Radio Televisión Portuguesa dende a Praza Maior de Lugo

A Alcaldesa de Lugo participou neste programa e animou a todos os portugueses a vir a Lugo e gozar das festas do San Froilán e do seu variado programa de actividades

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Promoción turística
Sábado, 08 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O San Froilán chega ata Portugal a través dun programa en directo da Radio Televisión Portuguesa dende a Praza Maior de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este sábado nun programa en directo realizado pola Radio Televisión Portuguesa, coa colaboración da Televisión de Galicia, dende o fondo da Praza Maior. A rexedora animou a todos os portugueses a vir a Lugo e gozar das festas do San Froilán e do seu variado programa de actividades.

Deste xeito, ao longo das catro horas deste programa, a cadea portuguesa difundiu a cidade de Lugo e os seus atractivos turísticos para os dez millóns de portugueses.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-san-froilan-chega-ata-portugal-traves-dun-programa-en-directo-da-radio-television-portuguesa