Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O San Froilán 2019 contará con 50 grupos e artistas de Lugo

O San Froilán 2019 contará con 50 grupos e artistas de Lugo

Maite Ferreiro presentou hoxe a 25 grupos locais que tocarán na gran festa do outono galego

Maite Ferreiro destacou a variedade de estilos presentes nas festas

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 18 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O San Froilán 2019 contará con 50 grupos e artistas de Lugo

A Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, presentou no día de hoxe a 25 grupos de Lugo que, segundo indicou, “serán protagonistas nesta edición da gran festa do outono galego”. Ferreiro indicou que tocarán “nos grandes escenarios e tamén noutros emprazamentos, como praza da Soidade ou Campo Castelo. Maite Ferreiro destacou a “variedade de estilos para que estas sexan as festas de todas e todos os lucenses”.

A música tradicional está presente nos grupos presentados hoxe, con Batital, Iria Estévez Atlántica e Laura Lamontagne como embaixadoras, mentres que o rock é sen dúbida o xénero preferido polas bandas locais, que representan nesta gran festa do outono galego Bello e Bedu, Berta Franklin, Filophóbicas, Forget la France, Infrarroja, Ship of Fools e Trinitá.

Arrythmia e Kalte Sonne representarán o metal, mentrers que Por mí Swing e The Old Project mostrarán o mellor jazz e o swing local, mentres que Los Zorros encargaranse de garantir a presenza do blues. Funkombo e Muddy Dolls levarán aos escenarios ao funk local, e a música electrónica contará co Electronic Lucus Fest como representante.

Outros grupos que terán espazo neste San Froilán son Carta de Ajuste, que renderán tributo á música dos 70 e 80. Mr Hattaway actuará coa súa homenaxe a Amy Winehouse e Wireless renderá tributo a Bob Marley. Untides mostraranos a música underground lucense, e a música acústica con arranxos electrónicos de Sigilu terá o seu espazo.

Xunto a todos eles estarán os Mustélidos, un dúo de voz e guitarra que crean un estilo propio con ingredientes de diversos estilos e épocas, que compartirán espazo no programa das festas co DJ Roberto Tempo e con El Último Burro, grupo que rende tributo ás cancións dos Rápidos, os Burros e “el último de la fila”.

Audio

  • A Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, sobre o San Froilán 2019 | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-san-froilan-2019-contara-con-50-grupos-e-artistas-de-lugo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/190918_maite_ferreiro_grupos_lugo.mp3