Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Sagrado Corazón ergue a man para aportar as súas ideas para os orzamentos participativos

O Sagrado Corazón ergue a man para aportar as súas ideas para os orzamentos participativos

Os veciños e veciñas poden seguir achegando as súas propostas ata o 9 de setembro a través de loop.lugo.gal ou no Rexistro Xeral Tras esta reunión, o Goberno achegarase a outras barrios da cidade.

O Concello informa destas reunións tanto na súa web www.lugo.gal [1] como nas redes sociais.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Orzamentos participativos
Xoves, 09 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Sagrado Corazón ergue a man para aportar as súas ideas para os orzamentos participativos

O local social dos maiores do Sagrado Corazón acolleu este mércores a primeira xuntanza do Goberno de Lugo coa veciñanza para implicala nos Orzamentos Participativos, un proceso no que será a cidadanía a que decida en que e en onde investir os orzamentos municipais. Así, os lugueses e luguesas poderán, unha vez máis, decidir de forma directa o destino de 350.000 euros con cargo ao presuposto deste 2018.

Ao redor de 25 persoas participaron nesta primeira reunión, que presentou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e na que tamén estivo presente a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo.

Esta é a primeira fase dos orzamentos participativos, a recollida de propostas de diferentes investimentos de ata 15.000 euros, que estará aberta ata o 9 de setembro. Ademais desta ferramenta de participación, os veciños e veciñas poden facer chegar as súas ideas a través da web loop.lugo.gal [2] ou ben no Rexistro Xeral do Concello. Nesta fase pode participar calquera persoa empadroada en Lugo ou con vinculación co municipio, sexa por estudos ou traballos.

Tras esta reunión, o Goberno achegarase a outras barrios da cidade. O Concello informa destas reunións tanto na súa web www.lugo.gal [3] como nas redes sociais.

Obxectivos dos Orzamentos Participativos

Este proceso de participación veciñal persegue tres obxectivos fundamentais:

  • Fomentar a participación a través dun exercicio público transparente, procurando a maior participación veciñal posible, que permita a vinculación activa das e dos lucenses co desenvolvemento local do seu municipio.
  • Promover que a cidadanía non sexa simple observadora dos acontecementos e decisións, e que poida converterse en protagonista activa do que ocorre no seu municipio, tanto nas zonas  urbanas coma nas rurais; afondando así na democracia participativa.
  • Mellorar a comunicación entre Concello e veciñanza, xerando espazos nos que achegar ideas que incentiven o consenso sobre a forma de como deben gastarse os recursos municipais, ao tempo que serve de instrumento para promover a solidariedade entre a cidadanía e os seus barrios.

Máis información en https://loop.lugo.gal/ [2]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-sagrado-corazon-ergue-man-para-aportar-suas-ideas-para-os-orzamentos-participativos

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.gal
[2] https://loop.lugo.gal/
[3] http://www.lugo.gal/