Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O sábado 23 de agosto celebraranse os obradoiros interculturais O sorriso de África dirixidos a nenos e nenas

O sábado 23 de agosto celebraranse os obradoiros interculturais O sorriso de África dirixidos a nenos e nenas

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 19 de agosto de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, informa que o próximo sábado día 23 de agosto celebraranse os obradoiros interculturais O sorriso de África para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

Estes obradoiros terán lugar na Praza Maior pola mañá e neles realizaranse diferentes actividades e xogos africanos para que os nenos e nenas lucenses poidan coñecer outras formas de divertimento. O horario das actividades será dende as 11:00 ás 13:30 horas.

Esta actividade organizada pola Fundación Jóvenes y Desarrollo en colaboración co Concello de Lugo quere sensibilizar aos nenos e nenas coa realidade infantil doutros países e que poidan aprender novos xogos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-sabado-23-de-agosto-celebraranse-os-obradoiros-interculturais-o-sorriso-de-africa-dirixidos