Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O ruralismo afiánzase no San Froilán cunha edición máis do Desfile de Gando

O ruralismo afiánzase no San Froilán cunha edición máis do Desfile de Gando

A mostra, á que asisitiu a Alcaldesa, acompañada doutros membros da Corporación Municipal, reuniu distintos exemplares de razas autóctonas galegas, entre eles vacas e bois, cabras, galiñas ou cans

Moitos dos animais que participaron no desfile atópanse en ExpoRural 2018, co que colabora o Concello, e que acolle estes días o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Programación cultural,
    • Medio rural
Sábado, 06 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O ruralismo afiánzase no San Froilán cunha edición máis do Desfile de Gando

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Deputado de Relacións Institucionais e o de Medio Rural, Álvaro Santos e Lino Rodríguez, respectivamente; e membros da Corporación Municipal, asistiron este sábado ao tradicional desfile de Gando do San Froilán, que percorreu esta mañá as rúas do centro histórico. O desfile, que reuniu distintos exemplares de razas autóctonas galegas, entre eles vacas e bois, cabras, galiñas ou cans, arrincou no tramo peonil da Ronda da Muralla, continuando pola Praza da Constitución, Campo Castelo, Praza Maior e Bispo Aguirre. Durante a mostra, co que o Concello rucupera un ano máis espírito tradicional das feiras do San Froilán, avogando polo ruralismo, actuou o grupo Raíces do Campo. Na mostra tamén participou un coche de línea antiguo, un tractor e un coche clásico, no que viaxaban Os Pelúdez.

Moitos dos exemplares de raza autóctona que participaron no desfile atópanse en ExpoRural 2018, co que colabora o Concello, e que acolle estes días o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. A Alcaldesa e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, achegáronse á inauguración desta cita, que reúne a unhos 300 animais. No acto entregáronse os premios aos mellores exemplares.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-ruralismo-afianzase-no-san-froilan-cunha-edicion-mais-do-desfile-de-gando