Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Recinto Feiral do San Froilán, listo para abrir

O Recinto Feiral do San Froilán, listo para abrir

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visistaron, xunto cos comisarios do Recinto Feiral do San Froilán, a montaxe dos postos.

Ferreiro lembrou a importancia que as barracas teñen dentro da gran festa do outono galego “que volve entre o 4 e o 12 de outubro para encher as rúas de Lugo con centos de actividades”.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Música,
    • Xestión cultural
Martes, 26 de setembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Recinto Feiral do San Froilán, listo para abrir

O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, visitaron o Recinto Feiral do San Froilán acompañados dos comisarios responsable para coñecer o estado no que se atopa a instalación dos distintos postos e atraccións. A montaxe permítese dende o pasado día 22 de setembro e os feirantes poderán abrir ata o día 12 de outubro. En total, son 178 postos, entre stands de venta, atraccións e carruseis.

Dende o recinto, Ferreiro lembrou a importancia que as barracas teñen dentro desta "gran festa do outono galego que volve entre o 4 e o 12 de outubro para encher as rúas de Lugo con preto de 200 actividades distintas, máis da metade delas musicais, dando lugar a un programa de festas no que todas as veciñas e veciños de Lugo e persoas visitantes atoparán unha actividade do seu gusto".

O San Froilán contará con actividades de animación en todos os barrios, e con 3 escenarios principais nas prazas Horta do Seminario, Santa María e na Mosqueira, onde participarán artistas recoñecidos a nivel estatal e internacional como Eliades Ochoa, La M.O.D.A, Baiuca ou Rayden, compartindo escenario con grupos locais.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, sobre o recinto feiral | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-recinto-feiral-do-san-froilan-listo-para-abrir

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/230626_maite_ferreiro_recinto_feiral.mp3