Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O próximo venres remata o prazo para realizar achegas ao Borrador da Ordenanza de Civismo do Concello de Lugo

O próximo venres remata o prazo para realizar achegas ao Borrador da Ordenanza de Civismo do Concello de Lugo

  • Tema
    • Protección da comunidade
Martes, 18 de agosto de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O prazo para presentar as achegas ao Borrador de Ordenanza de Civismo do Concello de Lugo, co que o equipo de Goberno pretende contribuír ao progreso e mellora de convivencia na cidade, remata esta semana, o venres día 21 de agosto.

Este documento xa foi remitido aos grupos políticos e presentado ao Consello Económico e Social.

Trátase dun documento elaborado polos servizos técnicos e xurídicos do Concello, a través do cal se quere iniciar un debate social que permita ter unha ordenanza consensuada con toda a sociedade lucense.

Non se trata dun documento pechado polo que o Goberno Local anima á cidadanía a participar coas súas suxestións e recomendacións. Pódese descargar o borrador da ordenanza de civismo e empregar o formulario para realizar as súas achegas no portal web do Concello: www.lugo.es [1]

Descargar e participar na ordenanza de civismo [2]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-proximo-venres-remata-o-prazo-para-realizar-achegas-ao-borrador-da-ordenanza-de-civismo-do

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es
[2] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_SecNivel3&cid=1227464868765&color=Rojo&idContenido=1227481435597&idioma=gl&pagename=Spark%2FSpark_SecNivel3%2FCLPlantSecNivel3Detalle&tipoContenido=Spark_Novas&tipoLetra=Texto1