Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O vindeiro sábado 11 e domingo 12 o Mercado Municipal acolle a II Exposición de Camelias

O vindeiro sábado 11 e domingo 12 o Mercado Municipal acolle a II Exposición de Camelias

Terá lugar no Mercado de Abastos e durante todo o dias as persoas interesadas poderán gozar das variedades de camelias que achegan os 16 expositores

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción da lingua
Xoves, 09 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O vindeiro sábado 11 e domingo 12 o Mercado Municipal acolle a II Exposición de Camelias

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Presidente da Asociación de Camelias de Galicia, Edmundo Novoa, presentaron esta mañá a II Exposición de Camelias en Lugo que terá lugar o sábado 11 e domingo 12 de abril.

Os amantes das prantas e das camelias poderán achegarse ao Mercado Municipal Quiroga Ballesteros dende as 11 da mañá e ata as 19 horas do sábado e ata as 14 horas do domingo.

Carmen Basadre explicou que esta idea xurdiu o ano pasado por parte da Asociación do Mercado “é unha boa oportunidade para promocionar o Mercado pero tamén para poder ver moitas variadades de camelias”. A Concelleira de Cultura tamén invitou a todos os veciños e veciñas que se acheguen polo Mercado para desfrutar das prantas.

Durante toda a xornada os amantes desas prantas e os curiosos que se acheguen poderán desfrutar dos centos de variedades de camelias que reúnen a un mínimo de 16 expositores chegados de toda Galicia. Estes coleccionistas mostraran variedades únicas deste pranta que ten unha flor efímera e tamén, algún deles, venderán prantas para aquelas persoas que queiran levar camelias, segundo explicou Edmundo Novoa.

Esta actividade tamén conta co apoio da Deputación de Lugo e a Asociación do Mercado Municipal Quiroga Ballesteros.

Audios

  • Carme Basandre  na presentación do evento | Descargar audio mp3 [1]
  • Edmundo Novoa na presentación do evento | Descargar audio mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-proximo-sabado-11-e-domingo-12-o-mercado-municipal-acolle-ii-exposicion-de-camelias

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/corte_carmen_basadre_ii_exposicion_da_camelia_09.04.2015.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/corte_edmundo_novoa_ii_exposicion_camelias_09.04.2015.mp3