Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O próximo mércores 7 inaugurase a exposición Visións de Lugo no Museo Interactivo da Historia de Lugo

O próximo mércores 7 inaugurase a exposición Visións de Lugo no Museo Interactivo da Historia de Lugo

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 05 de xaneiro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, organiza unha nova exposición que se inaugura este próximo mércores 7 de xaneiro ás 19 horas no Museo Interactivo da Historia de Lugo. Trátase da exposición Visións de Lugo 2001-2014 e está composto polos cadros premiados no certame de Pintura Rápida ao Aire Libre de Lugo.

Será a primeira vez que se reúnen todas as obras gañadoras do certame que se atopan distribuídas por diferentes instalacións do Concello e que formarán parte dun percorrido ao longo de catorce anos que ilustran a cidade dende diferentes puntos de vista.

Todas elas presentan matices moi diferenciados tanto en técnica como en estilo pero todas teñen como nexo común a rapidez de execución e os diferentes espazos da cidade de Lugo. Un agasallo para a vista e para a imaxinación.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-proximo-mercores-7-inaugurase-exposicion-visions-de-lugo-no-museo-interactivo-da-historia-de