Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O programa Hortos na escola, organizado polo Concello, chega a 15 centros públicos da cidade

O programa Hortos na escola, organizado polo Concello, chega a 15 centros públicos da cidade

Manuel Núñez informou da realización deste programa, que se desenvolverá ao longo destes dous trimestres escolares, para achegar aos nenos e nenas ao contorno natural

  • Tema
    • Infancia,
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Venres, 13 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, informou este venres da realización do programa de Hortos na escola, que se levará a cabo en doce centros educativos públicos da cidade de educación infantil e primaria, nunha escola de educación infantil de 3 a 6 anos e en dúas escolas infantís municipais de 0 a 3 anos.

Este programa, que se desenvolverá ao longo destes dous trimestres escolares, trata de achegar aos nenos e nenas de educación infantil ao contorno natural, formando parte dos ciclos naturais e intervindo nos mesmos de xeito directo e activo.

Manuel Núñez explicou que “o horto é o marco idóneo para traballar as liñas transversais, especialmente a educación ambiental, pois teñen cabida temas como o consumo, a alimentación, o lixo ou a saúde e nel pódense facilitar aprendizaxes útiles para o desenvolvemento social do alumnado dentro e fóra do marco educativo”.

Audio

  • Manuel Núñez, sobre o programa Hortos na escola |Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-programa-hortos-na-escola-organizado-polo-concello-chega-15-centros-publicos-da-cidade

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/130117_manuel_nunez_-_hortos_escolares.mp3