Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O programa especial de Lugo10 achega esta semana á cidade El Show de Flipy e o concerto de EBS

O programa especial de Lugo10 achega esta semana á cidade El Show de Flipy e o concerto de EBS

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 17 de febreiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O venres 19 de febreiro o cómico actor, monologuista, guionista e produtor Enrique Pérez Vergara, coñecido mundialmente como FLIPY chega a Lugo para ofrecer o seu espectáculo El Show de Flipy.

Trátase dunha actuación englobada dentro do programa especial de Lugo10 [1] organizado polo Concello de Lugo.

O espectáculo que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20.30 horas, xira arredor do cómico televisivo. EL SHOW DE FLIPY é un divertimento, unha cita moi especial en aproximadamente setenta minutos co científico tolo do programa "El hormiguero".

As entradas están á venda na taquilla telefónica de Caixanova 902 504 500 e na web www.caixanova.es [2] a un prezo de 18, 16 e 14 euros segundo a zona.

Concerto
Ademais, o programa de actos de Lugo10 trae esta semana tamén ao dúo EBS que actuará mañá xoves 18 de febreiro no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 21.00 horas.

Marta e Rocío lembrarán temas de Ella baila sola, tan exitosos nos anos 90, como Amores de barra, Lo echamos a suertes ou Cuando los sapos bailen flamenco.

Pero o dúo presentará na cidade os últimos sencillos do seu novo disco Despierta, que supoñen unha nova etapa das artistas rebautizadas como EBS.

As entradas están á venda na Cadena Cope Lugo a un prezo de 15 euros para dúas persoas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-programa-especial-de-lugo10-achega-esta-semana-cidade-el-show-de-flipy-e-o-concerto-de-ebs

Ligazóns:
[1] http://www.lugo10.es
[2] http://www.caixanova.es