Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O programa Aulas Abertas de Benestar favorecerá a conciliación este verán de máis de 500 familias

O programa Aulas Abertas de Benestar favorecerá a conciliación este verán de máis de 500 familias

As actividades desenvolveránse nos centros de convivencia e nas escolas do rural, impulsando sempre que se poida que sexan ao aire libre, de 08:30 a 14:30 horas.

A concelleira Olga López incide en “que buscamos alternativas lúdica e didácticas para que os e as cativas socialicen e compartan vivencias nun contexto seguro para eles”.

  • Tema
    • Educación,
    • Formación,
    • Conciliación,
    • Accesibilidade,
    • Xuventude
Mércores, 30 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O programa Aulas Abertas de Benestar favorecerá a conciliación este verán de máis de 500 familias

O executivo de Lara Méndez da inicio mañá as actividade das Aula Abertas, organizadas co fin de facilitar a conciliación este verán das familias do municipio. Así o anunciaron hoxe a concelleira de Benestar, Inclusión e Terceira idade, Olga López, e Alfonso Darriba, animador sociocultural.

A edil destacou o éxito e “a boa acollida que recibiu a convocatoria das Aulas Abertas deste ano, que beneficia a máis dos 500 nenos e nenas de Lugo que se inscribiron, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, e ás súas familias, xa que grazas a esta iniciativa pais e nais poderán organizar mellor as súas xornadas laborais e persoais mentres as súas crianzas desfrutan de momentos de lecer e socialización de forma segura”

A concelleira explicou que se traballou na realización dun completo programa de actividades que se levarán a cabo con todas as medidas de seguridade necesarias e adaptadas aos ámbitos urbanos e rurais da cidade.

Un ano máis, darase prioridades as actividades que os nenos e nenas poden realizar nos exteriores, e algunhas das accións se levarán a cabo, en pequenos grupos, nos centros de convivencia (Fingoi, Lamas de Prado, María Balteira, Uxío Novoneyra, Milagrosa e Maruja Mallo), así como nas escolas da zona rural, en horario de 08:30 a 14:30 horas e por quincenas: do 1 ao 15 e do 16 ao 31 de xullo e do 2 ao 13 de agosto e do 16 ao 31 dese mesmo mes.

Segundo Olga López, “temos como obxectivo habilitar recursos públicos para procurar o benestar social da veciñanza de Lugo de todas as franxas de idade, sen importar onde vivan, ben sexa rural ou núcleo urbán, que favorezan a organización durante as vacacións estivais”.

Entre as actividades incluídas nestes talleres destacan os xogos cooperativos e de psicomotricidade, manualidades, etc,  recurrindo sempre que se poida, aos espazos ao aire libre da contorna e garantindo unhas condicións de sanidade e hixiene óptimas de tal xeito que se  ofrecerá unha alternativa lúdica e tamén didáctica para que as e os cativos socialicen e compartan vivencias, nun contexto seguro para eles e para as súas famílias.

Audios

  • A concelleira de Benestar, Inclusión e Terceira idade, Olga López, sobre as Aulas Abertas | Descargar mp3 [1]
  • O animador sociocultural, Alfonso Darriba, sobre as Aulas Abertas | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-programa-aulas-abertas-de-benestar-favorecera-conciliacion-este-veran-de-mais-de-500

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/300621_aulas_abertas_-_olga_lopez.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/300621_aulas_abertas_-_alfonso_darriba.mp3