O Premio “Entre Mulleres”, co que o Concello de Lugo recoñece a loita pola igualdade, terá lugar na tarde do venres no salón de plenos
Nesta edición, acordouse conceder este galardón a título póstumo á alcaldesa Paula Alvarellos, pola súa contribución cara unha sociedade máis igualitaria.
A vicepresidenta do Foro de Igualdade, Ángeles Novo, propuxo na última reunión deste organismo dedicarlle o “Entre Mulleres”, iniciativa que logrou o respaldo maioritario.
A entrega do premio, a partir das 17.00 horas, contará coa asistencia da irmá da rexedora para recoller unha distinción que recoñece o seu compromiso coa loita feminista.
- Tema
- Alcaldía,
- Benestar social,
- Emprendemento,
- Igualdade,
- Igualdade de dereitos,
- Inclusión
O premio “Entre Mulleres” do Concello de Lugo se outorgará a título póstumo á alcaldesa Paula Alvarellos “polo seu traballo na loita pola igualdade e polo impacto que tivo na sociedade lucense”. Así o explicou a concelleira de Muller, Igualdade e Inclusión, Ángeles Novo, quen lembrou hoxe que a concesión deste galardón terá lugar este venres, día 6 de marzo, ás 17.00 horas, no salón de plenos do Concello.
A decisión responde a unha proposta realizada pola propia concelleira e vicepresidenta do Foro de Igualdade, quen na derradeira reunión deste organismo presentou a iniciativa de conceder o galardón á que fora alcaldesa de Lugo, proposta que logrou o respaldo maioritario das asociacións, grupos políticos, colexios profesionais, fundacións e sindicatos, que integran dito foro. Con este acordo, “quérese distinguir o traballo da que fora alcaldesa de Lugo pola igualdade, o seu compromiso pola loita feminista e o impacto que deixou na sociedade lucense”, explicou Ángeles Novo.
Este premio, entregado tradicionalmente con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, ten entre os seus obxectivos dar visibilidade, precisamente, a mulleres e colectivos destacados nesa loita pola igualdade real, e nesta vixésimo segunda edición búscase recoñecer o traballo de Paula Alvarellos, quen faleceu hai un ano. Así, o Concello de Lugo recupera neste 2026 o Premio Entre Mulleres, xa que a pasada edición se suspenderon ante a repentina morte da alcaldesa.
Ademais da entrega deste galardón, o Concello de Lugo está a ultimar outra serie de actividades que integrarán o Programa do 8M, con eventos nos que darase relevancia ao papel das mulleres nesa loita pola igualdade. Baixo o lema “Mulleres con Forza”, haberá distintos eventos que se desenvolverán en torno a esta data, e cos que abordarase a igualdade desde distintos ámbitos como pode ser o social, o cultural, o empresarial e o deportivo.
Audio
- A concelleira de Muller, Igualdade e Inclusión, Ángeles Novo, sobre o premio "Entre Mulleres" | Descargar mp3 [1]
