Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O pregón, a porta pechada, do concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, arranca a 23 Feira de San Isidro

O pregón, a porta pechada, do concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, arranca a 23 Feira de San Isidro

  • Tema
    • COVID-19,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Promoción turística,
    • Medio rural
Venres, 16 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O pregón, a porta pechada, do concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, arranca a 23 Feira de San Isidro

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participaba esta tarde na primeira xornada dunha nova edición, a 23ª, da tradicional Feira do Campo e Artesanía de San Isidro que se celebra esta fin de semana no barrio da Milagrosa.

Nesta ocasión, o pregoeiro da cita foi o Concelleiro de Medio Rural e Deportes, Miguel Fernández, que aproveitou a súa intervención para destacar a importancia de recuperar as orixes rurais, poñelas en valor e difundir a calidade dos produtos da terra. Un descurso que se puido seguir a través do Facebook do Concello e que se realizou a porta pechada, ante un número moi reducido de autoridades e axustándose ás limitacions impostas pola crise sanitaria.

Este ano, a feira, que tivo que ser aprazada en dúas ocasións pola pandemia, contará con medio cento de expositores tanto da provincia, como do resto de Galicia, Castela e León e norte de Portugal.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-pregon-porta-pechada-do-concelleiro-de-medio-rural-miguel-fernandez-arranca-23-feira-de-san