O prazo para inscribirse na Maratón Tecnolóxica do programa Conéctate en Lugo no Verán remata este xoves
prazo para inscribirse na Maratón Tecnolóxica estará aberto ata as 14 horas deste xoves, día 13 de setembro, e os interesados en participar poden formalizar a inscrición a través do Servizo 010 ou nas instalacións da Aula Multimedia do Castiñeiro de 9:30 a 14:00 horas.
Esta maratón, que pechará o programa Conéctate en Lugo no Verán, celebrarase o venres, 14 de setembro, entre as 9:00 e as 21:00 horas na Aula Multimedia de O Castiñeiro. Esta actividade é gratuíta e está aberta a todo o público.
Establécense dúas categorías de participación, ben a nivel individual, ben a través dunha Familia Dixital. Os únicos requisitos para conformar unha familia dixital é contar con tres membros como mínimo e que un deles sexa un maior de 55 anos ou traballe nas tarefas do fogar.
O programa da maratón inclúe unha “Ginkana web”, que consistirá na resolución de preguntas e probas a través de Internet. Tamén facilitará a navegación pola rede e a participación en foros e chats. Asimesmo, celebrarase un concurso de “Caras divertidas” que consistirá no retoque dixital de fotografías dun xeito creativo.
Os participantes poderán compartir as experiencias do programa a través dun foro e colgarán os contidos das actividades do Conéctate en Lugo no Verán nun blog colectivo. Ademais, celebrarase unha vídeoconferencia con cidadáns de Monterroso, usuarios da aula tecnolóxica desa vila.
O premios para a categoría individual consistirá nunha cámara dixital, metres a Familia Dixital gañadora recibirá unha viaxe en catamarán polos Cañones do Sil.
