Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O popular grupo CantaJuegos ofrece mañá na cidade o seu espectáculo infantil

O popular grupo CantaJuegos ofrece mañá na cidade o seu espectáculo infantil

No Auditorio Municipal haberá unha dobre sesión ás 16:30 e ás 19:00 horas e o grupo tamén visitará o HULA para animar a todos os nenos e nenas ingresados

  • Tema
    • Infancia,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Venres, 20 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O popular grupo CantaJuegos estará de novo mañá sábado na cidade de Lugo, onde presentará o seu espectáculo infantil Diez no Auditorio Municipal Gustavo Freire, que terá lugar en dúas sesións, ás 16:30 e ás 19:00 horas. Ademais, de 10:00 a 11:00 horas, o grupo visitará o HULA para animar a todos os nenos e nenas ingresados.

Durante a actuación, coa que colabora o Concello, realizarán unha viaxe a través dos dez anos de traxectoria ininterrompida dos CantaJuegos, revivindo os éxitos das súas cancións, historias e personaxes que converteron ao grupo EnCanto no favorito dos nenos e as súas familias.

Os famosos Coco, Pepe, Buby e o pallaso Tallarín, así como os seus novos amigos Pato Contreras, Khon Gorila e moitas máis personaxes, representarán xunto aos CantaJuegos as súas máis coñecidas cancións.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-popular-grupo-cantajuegos-ofrece-mana-na-cidade-o-seu-espectaculo-infantil