Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O polideportivo municipal Daniel Cordido Castro renovado e adaptado a máis deportes, grazas a Concello e Deputación

O polideportivo municipal Daniel Cordido Castro renovado e adaptado a máis deportes, grazas a Concello e Deputación

Máis de 250 persoas practican hockey, patinaxe e patinaxe artístico nestas instalacións, grazas á inversión de 75.000 euros aportados polas dúas institucións

  • Tema
    • Deportes,
    • Instalacións deportivas
Venres, 22 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández durante a súa visita ao polideportivo municipal Daniel Cordido Castro

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, visitou o polideportivo municipal Daniel Cordido Castro, situado no barrio da Piringalla. Estas instalacións foron recentemente renovadas e adaptadas á práctica de deportes como o hockey, a patinaxe e a patinaxe artística. Nesta visita tamén asistiu o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez.

As actuacións que se levaron a cabo neste polideportivo consistiron na instalación dunha nova valla perimetral homologada pola Federación Internacional de Hockey, que permite mellorar as condicións da práctica destes deportes. Deste xeito, dende o Concello estase a fomentar unha maior implantación de novas modalidade deportivas e hábitos de vida saudables para a poboación.

Miguel Fernández destacou que “na actualidade máis de 250 persoas están a practicar algún destes deportes nestas instalacións, grazas á inversión de 75.000 euros aportados polo Concello e a Deputación, que ademais permitiranos traer á nosa cidade importantes eventos relacionados con estas modalidades deportivas”. Para iso xa se procedeu fai algún tempo a ampliar a zona dos vestiarios e a dotar á pista dun pavimento específico.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre a renovación do polideportivo municipal Daniel Cordido Castro |Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-polideportivo-municipal-daniel-cordido-castro-renovado-e-adaptado-mais-deportes-grazas

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/220116_visita_polideportivo_-_miguel_fernandez.mp3