Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Plan Xeral de Ordenación Municipal xa pode ser consultado na páxina web do Concello de Lugo

O Plan Xeral de Ordenación Municipal xa pode ser consultado na páxina web do Concello de Lugo

  • Tema
    • Urbanismo
Martes, 04 de xaneiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O pasado mércores día 30 de decembro de 2010, o Concello de Lugo aprobou o PXOM por maioría absoluta. O documento recibiu os votos favorables dos dous grupos maioritarios da corporación municipal PSOE e PP e o voto en contra do BNG.

O acordo adoptado polo Pleno da Corporación local supón o último pulo que lle pode dar o Concello ó Plan Xeral. Este é o último paso no que é competente a Administración municipal xa que é a Xunta de Galicia a institución con competencias para darlle a aprobación definitiva.

Tal e como se comprometeu o equipo de goberno, os documentos, que polo momento e ata a aprobación definitiva por parte da Xunta son provisionais, poderán ser consultados, a partir de hoxe, na páxina web do Concello de Lugo, www.lugo.es [1].

É importante destacar que queda prohibida a copia ou manipulación de ditos documentos, propiedade do Concello de Lugo, que poderán ser visualizados en formato pdf. Nalgúns casos, e debido ao peso dos documentos, non é posible visualizalos vía web, así, será necesario descargar o documento e gardalo no equipo. Para os documentos comprimidos en .zip será necesario descargalos e gardalos e despois descomprimilos co programa habitual.

www.lugo.es/ws/pxom [2]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-plan-xeral-de-ordenacion-municipal-xa-pode-ser-consultado-na-paxina-web-do-concello-de-lugo

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es
[2] http://www.lugo.es/ws/pxom