Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O persoal municipal comeza a súa formación sobre a nova plataforma de contratos menores que o Concello habilitará este mes

O persoal municipal comeza a súa formación sobre a nova plataforma de contratos menores que o Concello habilitará este mes

A medida, enmarcada no Plan de Acción da Alcaldía, persegue, segundo Lara Méndez, “favorecer a concorrencia e a igualdade de oportunidades e mellorar a publicidade das convocatorias municipais”.

A aplicación, aberta á consulta pública, permitirá crear un rexistro de licitadores no que poderán inscribirse as empresas que desexen ser notificadas da apertura e avance dos procedementos.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Economía,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público,
    • Novas tecnoloxías
Venres, 11 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O persoal municipal comeza a súa formación sobre a nova plataforma de contratos menores que o Concello habilitará este mes

O persoal municipal do Concello de Lugo comezou hoxe a súa formación sobre o funcionamento da nova plataforma de contratación que o Executivo de Lara Méndez habilitará este mesmo mes de febreiro para incrementar a transparencia, favorecer a concorrencia e garantir a igualdade de oportunidades no que ten que ver coa xestión das licitacións públicas consideradas de tipo menor.

A rexedora saudou esta mañá ás empregadas e empregados que comezaron nesta xornada a súa preparación, que se impartirá en diferentes niveis segundo a utilidade que fixeron deste tipo de procedementos no último ano.

A iniciativa enmárcase no Plan de Acción da Alcaldía deseñado a inicios de mandato para modernizar a Administración local, especialmente naqueles aspectos que gardan relación coa simplificación e coa eficacia dos procedementos burocráticos ou que repercuten de xeito directo na mellora das relacións coa cidadanía.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-persoal-municipal-comeza-sua-formacion-sobre-nova-plataforma-de-contratos-menores-que-o