O persoal do Concello festexa a Santa Rita coa celebración de diversas actividades que terán lugar esta semana
- Tema
- Protección da comunidade
Con motivo da festa de Santa Rita, que se conmemora o mércores, día 22 de maio, o persoal do Concello celebrará durante esta semana o tradicional torneo de Santa Rita que inclúe diversas actividades deportivas e de ocio.
O torneo de Santa Rita, organizado pola Xunta de Persoal do Concello, comeza mañá, martes, día 21, cun campionato de parchís. O mércores, día 22, terán lugar dous campionatos, un de tute e outro de xadrez.
Estas competicións terán lugar a partir das 16.30 horas en distintas salas da segunda planta do Centro cívico Uxío Novoneyra.
E o venres, día 24, tamén a partir das 16.30 horas, está programado un partido de fútbol no que participarán tanto funcionarios como membros da Corporación Municipal. O encontro disputarase no Polideportivo de Frigsa.