Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Pavillón Municipal dos Deportes acolle o Campionato Comarcal Clasificatorio de Kárate

O Pavillón Municipal dos Deportes acolle o Campionato Comarcal Clasificatorio de Kárate

  • Tema
    • Deportes
Xoves, 14 de xaneiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O vindeiro domingo 17 de xaneiro o Pavillón Municipal dos Deportes acolle o Campionato Comarcal Clasificatorio de Kárate para clubs da cidade de Lugo.

En total serán nove clubs os que loiten por posicionarse nos mellores postos das diferentes categorías (alevín, benxamín, infantil e xuvenil):

- Shihan
- Galaico
- Maristas
- Franciscanos
- Divino Maestro
- Anexa
- Sagrado Corazón
- Rosalía de Castro
- Casás

Os clasificados finais pasarán a disputar a fase provincial que terá lugar o 31 de xaneiro na cidade con todos os equipos da provincia.

Os deportistas deberán facer dous katas que puntuarán para a clasificación final.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-pavillon-municipal-dos-deportes-acolle-o-campionato-comarcal-clasificatorio-de-karate