Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O paseo do Miño acollerá este domingo unha mostra de xogos tradicionais galegos e portugueses dentro da Capital da Cultura

O paseo do Miño acollerá este domingo unha mostra de xogos tradicionais galegos e portugueses dentro da Capital da Cultura

Será no entorno da pasarela de Alfonso X, de 17:00 a 20:00 horas. Haberá bolos celtas ou birlos, buxainas, carreira de sacos, os zanchos, tirar da corda, o pano, a mariola e o aro.

Toda a información sobre esta actividade atópase en www.lugocapitaldacultura.com [1]

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xuventude
Venres, 19 de maio de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O paseo do Miño acollerá este domingo unha mostra de xogos tradicionais galegos e portugueses dentro da Capital da Cultura Mostra de xogos tradicionais

O paseo fluvial do Miño acollerá este domingo, de 17:00 a 20:00 horas, a carón da pasarela de Alfonso X e do parque infantil, unha mostra de xogos tradicionais galegos e portugueses dentro da programación posta en marcha polo executivo de Lara Méndez con motivo da Capital da Cultura do Eixo Atlántico. “Nesta era da tecnoloxía é importante non esquecer que existe todo un amplo abano de entretementos tradicionais cos que encher o tempo de lecer”, apuntou a rexedora.

Méndez convidou a toda a cidadanía “independemente da idade, pois os xogos forman parte da nosa vida” a achegarse ao entorno fluvial a “coñecer ou lembrar  todos aqueles xogos tradicionais e populares, de ambas beiras do río Miño, cos que tanto os nosos e as nosas maiores, coma nós, as xeracións máis novas, ocupamos as nosas horas”.

Neste senso, a programación incluirá bolos celtas ou birlos, buxainas, carreira de sacos, os zanchos, tirar da corda, o pano, a mariola e o aro. Toda a información sobre esta actividade, así como do resto da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico pode consultarse a través da páxina web www.lugocapitaldacultura.com [1],  onde se atopan actualizados os horarios, ubicacións e datas das diferentes iniciativas que terán lugar ao longo do ano na cidade amurallada.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-paseo-do-mino-acollera-este-domingo-unha-mostra-de-xogos-tradicionais-galegos-e-portugueses

Ligazóns:
[1] http://www.lugocapitaldacultura.com/