Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Parque Infantil de Tráfico acollerá unha nova edición dos cursos de verán de Educación Vial

O Parque Infantil de Tráfico acollerá unha nova edición dos cursos de verán de Educación Vial

Xoves, 04 de xuño de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, e o Director do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, presentaron a XII edición dos cursos de verán de Educación Vial, que se desenvolverán nas instalacións do PIT entre o 29 de xuño e o 24 de xullo.

Estes cursos están dirixidos aos rapaces e rapazas de Lugo, de idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos, para kart e bicicleta, e entre os 14 e os 16 para ciclomotor. Formaranse para as clases grupos de non máis de 15 alumnos e alumnas que recibirán formación teórica e práctica durante dúas horas e media. Cada grupo terá unha semana de clase e se formarán grupos en horarios de mañá (de 10:30 a 13:00 horas) e de tarde (de 17:00 a 19:30 horas).

Entre as novidades previstas para este ano encóntrase unha charla sobre como inflúe o consumo de drogas e do alcohol na condución que será impartido polo doutor Carlos Quintas do Servizo de Prevención do SERGAS.

A inscrición para estes cursos deberá realizarse entre o 8 e o 18 de xuño na oficina de Atención ao Cidadán, no Parque Infantil de Tráfico ou na Xefatura Provincial de Tráfico (na avenida Ramón Ferreiro). Será necesario entregar a fotocopia do DNI ou Libro de Familia e encher a solicitude. O listado coa formación dos grupos poderá consultarse o día 25 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello, no Parque Infantil de Tráfico e no portal web do Concello: www.lugo.es [1]

A clausura dos cursos terá lugar o 24 de xullo ás 12.30 horas no Parque Infantil de Tráfico cunha entrega de diplomas e agasallos aos participantes.

Pode descargar os documentos necesarios desde a sección Parque Infantil de Tráfico (PIT) [2] da Concellería de Educación ou descargalos directamente desde aquí:

  • Bases para participar nos XIII cursos de verán de Educación Vial P.I.T 2009 [3]
  • Solicitude e Autorización para participar nos XIII cursos de verán de Educación Vial P.I.T. 2009 [4]
  • Turnos e Horarios dos XIII cursos de verán de Educación Vial P.I.T 2009 [5]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-parque-infantil-de-trafico-acollera-unha-nova-edicion-dos-cursos-de-veran-de-educacion-vial

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es
[2] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_SecNivel4&cid=1194429731600&color=Rojo&idioma=gl&pagename=Spark%2FSpark_SecNivel4%2FCLPlantSecNivel4&rutaPadre=1180474448192&tipoLetra=Texto1
[3] http://www.lugo.es/cs/multimedias/20090604_bases_XIII_cursos_verano_PIT.pdf
[4] http://www.lugo.es/cs/multimedias/20090604_solicitud_autorizacion_XIII_cursos_verano_PIT.pdf
[5] http://www.lugo.es/cs/multimedias/20090604_turnos_horarios_XIII_cursos_verano_PIT.pdf