Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Parque de Rosalía de Castro acollerá tres concertos organizados por Lugo Cultural ao longo do mes de xullo

O Parque de Rosalía de Castro acollerá tres concertos organizados por Lugo Cultural ao longo do mes de xullo

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 06 de xullo de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Convenio Lugo Cultural, que integra o Concello de Lugo, a Vicerreitoría de Cultura da USC, a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia e a Fundación Caixa Galicia, celebrará este verán unha nova edición do programa ‘Entre Lusco e Fusco’, co que se pretende recuperar paraxes naturais como espazo escénico para a música.

Os concertos terán lugar no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro. Serán un total de tres actuacións que se celebrarán no mes de xullo e que combinarán diferentes estilos. O primeiro será o próximo mércores 15 a cargo de Christina Rosenvinge.

Seguirá o día 22 a actuación de Oh Trío, con Germán Díaz, Antonio Bravo e Diego Martín; o 29 actuará Nordestin@s, con Guadi Galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade. Todos os concertos, de entrada libre e gratuíta, serán ás 21:00 horas


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-parque-de-rosalia-de-castro-acollera-tres-concertos-organizados-por-lugo-cultural-ao-longo