Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Parque de Rosalía acollerá o sábado batallas romanas de street workout

O Parque de Rosalía acollerá o sábado batallas romanas de street workout

Será a partir das 17:00 horas e ata as 20:00 horas nas instalacións que o Concello habilitara nas costas deste parque para a práctica gratuíta desta modalidade deportiva, que se asemella á ximnasia deportiva

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Deportes
Xoves, 27 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Parque de Rosalía acollerá o sábado batallas romanas de street workout

O Parque de Rosalía de Castro acollerá este sábado, 29 de xullo, batallas romanas de street workout. Será a partir das 17:00 horas e ata as 20:00 horas nas instalacións que o Concello habilitara nas costas deste parque para a práctica gratuíta desta modalidade deportiva, que se asemella á ximnasia deportiva. O evento está organizado pola Federación Española de Street Workout e Calistenia, coa colaboración do Concello de Lugo.

O street workout é un movemento deportivo e social co que se promove a práctica do exercizo físico ao aire libre que se practica principalmente en parques públicos habilitados con barras de ximnasia empregando o propio peso corporal como lastre.

Nesta cita, que terá música, animadores, speakers e exhibicións, participarán uns 15 competidores de toda Galicia, que se retarán en tempos de 45 segundos baixo os movementos máis vertixinosos. Todas as persoas interesadas poden achegarse ata o parque para gozar deste espectáculo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-parque-de-rosalia-acollera-o-sabado-batallas-romanas-de-street-workout