Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O obradoiro de cociña, dirixido a mozos e mozas de 14 a 30 anos, celébrase mañá na Casa da Xuventude con todas as prazas cubertas

O obradoiro de cociña, dirixido a mozos e mozas de 14 a 30 anos, celébrase mañá na Casa da Xuventude con todas as prazas cubertas

Aprenderase a elaborar algunhas receitas especiais de cara a estas festas, como peitugas recheas de Nadal e turrón de chocolate, para rematar o curso coa degustación dos pratos.

  • Tema
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Martes, 17 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O obradoiro de cociña, dirixido a mozos e mozas de 14 a 30 anos, celébrase mañá na Casa da Xuventude con todas as prazas cubertas

A Área de Xuventude e Deportes celebra mañá, dentro da programación de Nadal, un obradoiro de cociña, que terá lugar nas instalacións municipais da Casa da Xuventude, e para o que se cubriron todas as prazas dispoñibles en poucos días. De 17.00 a 19.00 horas, as e os asistentes poderán aprender as elaboracións dalgunhas receitas especiais, de cara ás festas, como peitugas recheas de Nadal ou turrón de chocolate. Desde a área de Xuventude e Deportes, o seu concelleiro, Jorge Bustos, sinalou que “as actividades de cociña sempre ten moita demanda, como pasou noutras cursos programados en anteriores edicións. É unha das actividades, xunto ao scape-room, que conta cunha maior aceptación por parte da xuventude”. A asignación de prazas realizouse por rigorosa orde de entrada e nas primeiras xornadas xa quedou constancia da ampla demanda. 

Trátase dun obradoiro moi ameno, para o que non é necesario ter coñecementos previos de cociña. As e os asistentes contarán con todos os produtos necesarios para preparar os pratos que elaborarán durante as dúas horas nas que se desenvolve o curso, seguindo as indicacións da especialista Carmen Carreira, encargada de impartir varios cursos de cociña internacional ou cociña típica de Galicia, entre outros. Ao remate do curso, as e os participantes degustarán todas as receitas elaboradas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-obradoiro-de-cocina-dirixido-mozos-e-mozas-de-14-30-anos-celebrase-mana-na-casa-da-xuventude