Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O novo goberno de Lugo reduce nun 40% o gasto político respecto ao bipartito de PSOE e BNG

O novo goberno de Lugo reduce nun 40% o gasto político respecto ao bipartito de PSOE e BNG

  • Tema
    • Alcaldía
Venres, 15 de maio de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O novo goberno de Lugo reduce nun 40% o gasto político respecto ao bipartito de PSOE e BNG

O pleno celebrado esta mañá no Concello de Lugo aprobou a nova organización municipal para o vindeiro mandato.

A proposta do novo executivo presidido por Elena Candia permitirá reducir nun 40% o gasto político da estrutura de goberno respecto ao anterior bipartito de PSOE e BNG.

Durante a sesión tamén quedaron constituídas as diferentes comisións municipais.

Tal e como se acordara previamente cos grupos da oposición do PSOE e do BNG, o goberno municipal impulsou a convocatoria deste pleno coa maior celeridade posible para garantir o funcionamento ordinario da administración e avanzar na posta en marcha da nova organización municipal.

O executivo local destaca que esta aprobación permite seguir avanzando nun modelo de goberno baseado na operatividade, na coordinación e na eficiencia na xestión dos recursos públicos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-novo-goberno-de-lugo-reduce-nun-40-o-gasto-politico-respecto-ao-bipartito-de-psoe-e-bng