Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O novo Comité de Dirección do PAI Novo Norte fixa as prioridades estratéxicas para os próximos meses

O novo Comité de Dirección do PAI Novo Norte fixa as prioridades estratéxicas para os próximos meses

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía
Luns, 01 de xuño de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O novo Comité de Dirección do PAI Novo Norte fixa as prioridades estratéxicas para os próximos meses

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, presidiu hoxe a constitución do novo Comité de Dirección do PAI Novo Norte, o órgano encargado de adoptar as decisións estratéxicas para o desenvolvemento deste plan financiado con fondos europeos.

Durante a reunión realizouse unha análise da situación actual dos proxectos e marcáronse as principais prioridades do novo goberno municipal centradas en mellorar o abastecemento de auga nos polígonos industriais, avanzar na accesibilidade e conexión entre a estación intermodal e o centro da cidade, así como impulsar actuacións de mellora en instalacións municipais e espazos públicos.

Desde o goberno local destacan que o obxectivo é orientar os fondos europeos cara a proxectos que dean resposta a necesidades reais da cidade, melloren os servizos públicos e contribúan a facer de Lugo unha cidade máis competitiva, accesible e preparada para o futuro.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-novo-comite-de-direccion-do-pai-novo-norte-fixa-prioridades-estratexicas-para-os-proximos