Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O musical Caperucita Roja chegará a Lugo o martes 4 de xaneiro

O musical Caperucita Roja chegará a Lugo o martes 4 de xaneiro

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 03 de decembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O musical Caperucita Roja chegará ata o Auditorio Gustavo Freire o martes día 4 de xaneiro ás 18.30 horas. Este musical supón a adaptación do popular e clásico conto de Caperucita Roja, mostrando aos máis pequenos as aptitudes e valores na interacción cos seus actores e a participación no desenvolvemento.

O mundo da ilusión e fantasía no que as figuras paternas poderán compartir cos seus fillos un tempo de entretemento e diversión, adentrándose nesta expectante trama chea de sorpresas.

O prezo das entradas é de 12 euros, e estarán a venda a partir de hoxe, venres 3 de decembro, a través de Caixanova.

Os actores que dan vida a esta obra son: Cristina Zambrana, Ana Maila Soria, Roberto Gontam e Carlos Fernández.

taquilla.servinova.com [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-musical-caperucita-roja-chegara-lugo-o-martes-4-de-xaneiro

Ligazóns:
[1] http://taquilla.servinova.com/inicio