Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Museo Porta Miña conta cun novo espazo arqueolóxico na que se expoñen pezas desconocidas

O Museo Porta Miña conta cun novo espazo arqueolóxico na que se expoñen pezas desconocidas

O mércores ás 20 horas no Museo o arqueólogo municipal Enrique González impartirá a conferencia relativa a vida e o comercio romano

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo
Venres, 17 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Museo Porta Miña conta cun novo espazo arqueolóxico na que se expoñen pezas desconocidas

O Museo Porta Miñá conta cun novo espazo arqueolóxico denominado A peza destacada e na que se expón por primeira vez diferentes restos romanos aparecidos nas excavacións da cidade e que non foron expostos antes.

Así, nesta “ventana” cada 3 meses instalarase unha nova peza que sorprenderá aos visitantes, en especial nesta época na que comezan as visitas dos escolares, e que pon en valor os achádegos arqueolóxicos.

A peza que se expón durante os próximos meses é un Peso de báscula romana en bronce composto de dúas partes: a superior, que serve de asa, e se xira polos seus extremos en armelas cravadas na caixa, e a inferior que contén no seu interior un pequeno lingote de chumbo. O peso seguramente se corresponde cun dupondius de dúas libras romanas e que data dos séculos III ou IV que equivalen aproximadamente aos 654,9 gramos actuais. Ademais tamén se crearon uns tarxetóns que conteñen a imaxe e no reverso unha ampla explicación, tanto en galego como en castelán, do obxeto e as súa contextualización histórica.

Para completar estas exposicións tamén se realizarán conferencias impartidas por arqueólogos que contextualizarán a vida romana en Lugo e a situación que envolve as diferentes obras expostas.  Asi, a primeira delas terá lugar o próximo mércores 22 de abril ás 20 horas no propio Museo de Porta Miñá e estára impartida polo arqueólogo municipal, Enrique González, e na que se abordará as circunstancias históricas e a vida do Lugo Romano.

Audio

  • O Alcalde na presentación da nova peza | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-museo-porta-mina-conta-cun-novo-espazo-arqueoloxico-na-que-se-exponen-pezas-desconocidas

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/corte_alcalde_presentacion_peza_destacada_museo_porta_mina_17.04.2015.mp3