Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Ministerio de Defensa realizará unha campaña de información para mozos sobre as Forzas Armadas na cidade

O Ministerio de Defensa realizará unha campaña de información para mozos sobre as Forzas Armadas na cidade

Xoves, 07 de febreiro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Ministerio de Defensa realizará en Lugo unha campaña informativa destinada a achegar á mocidade lucense as Forzas Armadas e presentarlles as distintas modalidades de acceso á carreira militar, especialmente dentro do Exército de Terra.

Para elo, unha furgoneta do exército percorrerá os días 8, 11, 12 e 13 de febreiro distintos puntos da cidade para repartir información e atender as solicitudes de todos os interesados.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-ministerio-de-defensa-realizara-unha-campana-de-informacion-para-mozos-sobre-forzas-armadas