Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O MIHL, testigo das posibilidades de curación do cancro coa cata literaria do oncólogo Germà Lluch

O MIHL, testigo das posibilidades de curación do cancro coa cata literaria do oncólogo Germà Lluch

O médico, que logrou que as taxas de curación pasen dun 30% a un 94%, visitou a Casa Consistorial, onde foi recibido pola Alcaldesa

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Museos e exposicións,
    • Programación cultural
Xoves, 10 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves ao protagonista da terceira cata literaria do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), o médico oncólogo e investigador José Ramón Germà Lluch, quen visitou durante a mañá a Casa Consistorial, onde foi recibido pola Alcaldesa, Lara Méndez. Durante a presentación da cata, á que asistiron ao redor de 40 persoas, Basadre fixo fincapé en que por primeira vez as catas versen sobre a medicina, e en concreto sobre unha enfermidade con tanta incidencia como é o cancro, ao tempo que destacou a traxectoria de Lluch, que montou unha unidade especializa no tratamento de pacientes afectados de tumores de testículo e ovarios, logrando que as taxas de curación pasen dun 30% a un 94%. Nas Catas Literarias, que terán lugar o segundo xoves de cada mes ata xuño, mistúrase literatura, gastronomía, viño da Ribeira Sacra e música de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-mihl-testigo-das-posibilidades-de-curacion-do-cancro-coa-cata-literaria-do-oncologo-germa