Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O MIHL presenta as obras de sete lucenses nunha exposición colectiva

O MIHL presenta as obras de sete lucenses nunha exposición colectiva

Miguel Fernández inaugurou a mostra Achegando disparidades que estará aberta ata finais de xuño, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Museos e exposicións
Venres, 15 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O MIHL presenta as obras de sete lucenses nunha exposición colectiva

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) segue na súa tarefa de promover as artes que se fan en Lugo, desta volta cunha exposición colectiva que baixo o título Achegando Disparidades, serve para pór de relevo a gran variedade de formas, técnicas e estilo da pintura e da fotografía que se practican na cidade luguesa.

O voceiro municipal, Miguel Fernández, foi o encargado de inaugurar este venres a mostra que reúne creacións de 7 lucenses, dende as luminosas paisaxes de Conchita Paz Montenegro ás cálidas abstraccións de Eduardo Sampayo, pasadno polas densas figuracións de Gabino Rosario, as visións urbanas e a preocupación humana de Germán García; o surrealismo de Lugilde, o cromatismo de Luisa Paz Montegro e as escenografías fotográficas de Xosé Manuel Otero.

Durante o acto de presentación, Fernández destacou que “Lugo é terra fértil en artistas”, ao tempo que fixo fincapé nas obras que compoñen a exposición, “tan diferentes entre si e tan semellantes na intención de recrear o mundo desde as súas particulares sensibilidades”, formando un obxecto expositivo único que é Achegando Disparidades.

Na exposición poderanse observar diferentes técnicas de creación, tanto en acrílico sobre lenzo, como técnica mixta sobre papel kraft e óleo sobre táboa e sobre lenzo, ademais da técnica mixta kousismo ou papel con bromuro de prata.

Horario da exposición

Achegando disparidades poderase visitar ata finais de xuño de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde.

Máis info

  • Presentación de Achegando disparidades|Descagar pdf [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-mihl-presenta-obras-de-sete-lucenses-nunha-exposicion-colectiva

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/achegando_disparidades_web.pdf