Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O MIHL convértese no escenario da vindeira campaña publicitaria dunha das marcas máis importantes da industria téxtil galega

O MIHL convértese no escenario da vindeira campaña publicitaria dunha das marcas máis importantes da industria téxtil galega

A singularidade do edificio chamou a atención do deseñador Adolfo Domínguez

A área de Cultura facilita o uso da instalación “entendendo positivamente a difusión que a marca dará, a nivel internacional, ao noso museo”

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 03 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O MIHL convértese no escenario da vindeira campaña publicitaria dunha das marcas máis importantes da industria téxtil galega

Durante o vindeiro mércores, o MIHL acollerá a sesión de fotografía e vídeo para a próxima campaña de publicidade de Adolfo Domínguez, unha das marcas máis importantes da industria téxtil galega. Segundo explicou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, “vemos positivo que unha marca cuxa publicidade se difunde a nivel mundial queira utilizar o MIHL na súa vindeira campaña”.

Segundo informou a edil de Cultura, a sesión non interromperá o normal funcionamento do museo, o cal seguirá aberto ao público durante toda a xornada.

Segundo Maite Ferreiro “dar a coñecer as nosas instalacións é o primeiro paso que debemos dar para convertelas nos puntos de referencia da actividade cultural da cidade, ademais de ser un reclamo turístico”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-mihl-convertese-no-escenario-da-vindeira-campana-publicitaria-dunha-das-marcas-mais