Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O MIHL acolle a instalación de Mónica Trastoy titulada Liñas de Luz

O MIHL acolle a instalación de Mónica Trastoy titulada Liñas de Luz

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 22 de outubro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Hoxe ás oito da tarde inaugúrase na cafetería do Museo Interactivo da Historia de Lugo, dentro do ciclo "Proxectos MIHL", a instalación de Mónica Trastoy titulada Liñas de luz, segundo informa a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua.

Mónica Trastoy realiza unha investigación en torno aos elementos estructurais da pintura nun intento de elaborar obras que trascenden os límites tradicionais do cadro, expandíndose cara o entorno no que é situado. Deste xeito a parede é utilizada como unha prolongación do cadro, na cal coloca diferentes medios e formatos para aproveitar as características específicas do espazo.

Esta "pintura expandida" fai que o espectador observe o espazo e participe activamente na obra establecendo recorridos visuais subxectivos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-mihl-acolle-instalacion-de-monica-trastoy-titulada-linas-de-luz-0