Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O MIHL acolle a exposición “viva” Arte con Agri-cultura, Pomme de terre, A pataca do artista Paco Pestana

O MIHL acolle a exposición “viva” Arte con Agri-cultura, Pomme de terre, A pataca do artista Paco Pestana

A inauguración da exposición no que se plantrán patacas será ás 19.30 horas no Museo Interactivo da Historia de Lugo

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 07 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Museo Interactivo da Historia de Lugo acolle dende este próximo xoves 9 de abril a exposición Arte con Agri-cultura, Ponme de terre, A Pataca do artista lucense Paco Pestana.

Trátase dunha intervención artística nun dos xardíns interiores do MIHL que pretende ser segundo o autor “un acto de amor infinito co tubérculo e o escarabello”. Para que esta exposición viva se poida levar a cabo creouse no xardín interior un cultivo con máis de 200 kilos de patacas Kennebec que serán tratadas e coidadas polo artista nos sucesivos días para que ramifiquen de forma poética e busquen a luz da superficie ata morrere e quedarse secas como pasas.

Nesta exposición, Paco Pestana, botará uns “regos” de patacas artísticas no MIHL non para comelas senón para mirar para elas e lembrar quen somos, porque os galegos por moi urbanitos que sexan teñen un pé nas leiras, nas chousas, e nas hortas.

Ademais, acompañando á intervención van textos sobre a pataca e o escarabello do propio artista asi como frases de distinguidas eminencias como Marlon Brando, Garcia Lorca, Picasso, Santa Teresa de Jesús, Sócrates, Napoléon ou Brigitte Bardot sobre o tubérculo.

Folleto Paco Pestana [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-mihl-acolle-exposicion-viva-arte-con-agri-cultura-pomme-de-terre-pataca-do-artista-paco

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/folleto_paco_pestana.pdf