Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O mercado Nadalmente Lucense ofrece unha ampla programación para despedir o ano con ilusión e diversión para pequenos e maiores

O mercado Nadalmente Lucense ofrece unha ampla programación para despedir o ano con ilusión e diversión para pequenos e maiores

Entre as propostas destacan a visita do Paxe Real, obradoiros de manualidades, xogos tradicionais, actuacións musicais e espectáculos de maxia.

O Mercado de Nadal conta con casetas decoradas, iluminación especial e un horario amplo: de 11:00 a 14:30 horas e de 16:30 a 21:00 horas.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Xoves, 26 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O mercado Nadalmente Lucense ofrece unha ampla programación para despedir o ano con ilusión e diversión para pequenos e maiores

O mercado Nadalmente Lucense, que se celebra na Praza Maior, ofrece unha ampla programación para despedir o ano con ilusión e diversión para pequenos e maiores. A iniciativa, promovida polo Executivo de Paula Alvarellos, busca dinamizar o comercio local e crear un ambiente festivo e familiar no corazón da cidade.

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, destacou a importancia desta programación: “Queremos que as familias desfruten dun Nadal cheo de maxia e actividades para todas as idades, ao tempo que apoiamos o comercio local e facemos de Lugo un referente nas festas”.

Un nadal máxico na Praza Maior

O Mercado de Nadal conta con casetas decoradas, iluminación especial e un horario amplo: de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 horas, excepto o 31 de decembro, con horario reducido ata as 14:30 horas, e o día 1 de xaneiro, cando permanecerá pechado.

A programación de actividades para os vindeiros días será a seguinte:

Venres 27

  • De 11:00 a 14:30h: Visita do Paxe Real
    • De 11:00 a 12:30h: Obradoiro de manualidades de Nadal
    • De 12:30 a 13:30h: Xogos tradicionais
    • De 13:30 a 14:00h: Contacontos infantil
  • De 16:30 a 21:00h: Visita do Paxe Real
    • De 17:00 a 18:00h: Exhibición da Escola de Música Rossini
    • De 18:00 a 19:30h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta aos Reis Magos”
    • De 19:30 a 21:00h: Xogos tradicionais

Sábado 28

  • De 11:00 a 14:30h: Visita do Paxe Real
    • De 11:00 a 13:00h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta aos Reis Magos”
  • De 16:30 a 21:00h: Visita do Paxe Real
    • De 16:30h: Chocolatada (ata fin de existencias)
      Contará con opcións especiais sen glute e sen lactosa para persoas intolerantes.
    • De 17:00 a 18:30h: Actuación da Charanga Filarmónica Lucense
    • De 18:30 a 20:00h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta aos Reis Magos”

Domingo 29

  • De 11:00 a 14:30h: Visita do Paxe Real
    • De 11:00 a 12:30h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta aos Reis Magos”
    • De 12:30 a 13:30h: Actuación do Mago David Méndez
    • De 13:30 a 14:00h: Teatrillo de Nadal con monicreques
  • De 16:30 a 21:00h: Visita do Paxe Real
    • De 16:30 a 18:00h: Xogos tradicionais
    • De 18:00 a 19:30h: Animación coa batucada Cadabatú
    • De 20:00 a 20:30h: Teatrillo de Nadal con monicreques
    • De 20:30 a 21:00h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta aos Reis Magos”

Luns 30

  • De 11:00 a 14:30h:
    • De 11:00 a 13:30h: Xogos tradicionais
    • De 13:30 a 14:30h: Xogo “A caixa dos desexos”
  • De 16:30 a 21:00h:
    • De 17:00 a 19:00h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta aos Reis Magos”
    • De 19:00 a 20:00h: Xogos tradicionais
    • De 20:00 a 21:00h: Xogo “A caixa máxica”

Martes 31

  • De 11:00 a 14:30h:
    • De 11:00 a 13:30h: Obradoiro de manualidades “Escribindo a carta aos Reis Magos”
    • De 13:30 a 14:30h: Xogos tradicionais

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-mercado-nadalmente-lucense-ofrece-unha-ampla-programacion-para-despedir-o-ano-con-ilusion-e