Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Mercado Municipal acolle o I Foro de La, actividade centrada na la e nos seus usos organizada por Ovica coa colaboración da área de Medio Rural da Deputación

O Mercado Municipal acolle o I Foro de La, actividade centrada na la e nos seus usos organizada por Ovica coa colaboración da área de Medio Rural da Deputación

Cristina López, edil de Participación, presentou esta mañá o encontro, que terá lugar a fin de semana do 14 ao 15 de setembro

"Seguimos traballando para que a Praza e o Mercado conten cunha programación de actividades ampla e diversa ao longo de todo o ano", afirmou Cristina López

  • Tema
    • Medio rural,
    • Mercados
Martes, 20 de agosto de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Mercado Municipal acolle o I Foro de La, actividade centrada na la e nos seus usos organizada por Ovica coa colaboración da área de Medio Rural da Deputación

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López e o Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, presentaron o I Foro da La, actividade organizada pola Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galiza (Ovica) para dar visibilidade ao problema da xestión da la e potenciar o seu uso como materia prima. O encontro, que se celebrará a fin de semana do 14 e 15 de setembro no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros contará cunha feira de la e de produtos feitos con ela xunto cunha exposición de proxectos que xiren arredor desta materia prima.

Cristina López destacou o traballo realizado pola área de Participación "en organizar diversas actividades na Praza e no Mercado ao longo do ano”. López destacou que este ano se realizaron exhibicións de cociña, obradoiros infantís, visitas escolares ou campionatos deportivos "para achegar á veciñanza a estas instalacións e dar a coñecer os distintos negocios que acollen", explicou López.

A edil de Participación afirmou que "seguimos traballando para traer a estas dúas instalacións as mellores actividades", e anunciou que "nas vindeiras semanas anunciaremos a programación dos novos obradoiros infantís, unha actividade que permite facilitar a conciliación familiar con preto de 600 nenas e nenos na primeira metade do ano". López agradeceu "a implicación" dos distintos negocios da Praza e do Mercado coa promoción deste espazo no obxectivo de "facer da Praza e do Mercado lugares de referencia para o comercio local, poñendo novos servizos a disposición de toda a veciñanza para que decidan achegarse a estas instalacións a facer as súas compras".

Audio

  • Cristina López, sobre o Mercado Municipal | Descargar mp3 [1]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-mercado-municipal-acolle-o-i-foro-de-la-actividade-centrada-na-la-e-nos-seus-usos-organizada

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/240820_cristina_lopez_actividade_mercado_municipal.mp3