Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O mercado medieval e o concerto de Pussy Riot marcan o fin de festa dun San Froilán moi concorrido un ano máis

O mercado medieval e o concerto de Pussy Riot marcan o fin de festa dun San Froilán moi concorrido un ano máis

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Promoción turística
Venres, 12 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O mercado medieval e o concerto de Pussy Riot marcan o fin de festa dun San Froilán moi concorrido un ano máis

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de membros da Corporación municipal, inaugurou este venres na praza Pío XII a 19ª edición do mercado Volta ao Medievo, un evento promovido por antigos alumnos e alumnas da Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón, que, xunto ao concerto de Pussy Riot e Marky Ramone que terá lugar esta tarde, a partir das 20:30h, no praza Horta do Seminario, marca a xornada de fin de festa dun San Froilán moi concorrido e participativo un ano máis. Xunto a estes actos, o programa organizado para as patronais polo Concello, a través da Concellería de Cultura, que dirixe Carmen Basadre, inclúe hoxe as actuacións dos grupos Devandoira, Parentes, Xílgaros de Lugo, Meigas e Trasgos, Habelas Hainas e a orquestra Pontevedra, ademais do concerto de Myles Sanko, ás 23:00 horas, en Santa María.

A programación de actividades das festas remata hoxe, pero seguirá aberto durante toda a fin de semana o feiral, con descontos nas barracas para os máis pequenos, así como ArteSanfroilán.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-mercado-medieval-e-o-concerto-de-pussy-riot-marcan-o-fin-de-festa-dun-san-froilan-moi