Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O luns pechan os edificios municipais pola festividade de San Froilán 

O luns pechan os edificios municipais pola festividade de San Froilán 

Martes, 30 de setembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Debido ás festas de San Froilán, os edificios municipais e os centros sociais permanecerán pechados durante o luns 6 de outubro.

Ao coincidir en domingo o festivo local 5 de outubro, día do patrón da cidade, pásase á xornada seguinte.

Nesta data a cidade continuará coas numerosas actividades festivas como os xogos e espectáculos do San Froilanciño para os nenos, pasarrúas, actuacións de música tradicional, fogos artificiais, os concertos de Conchita e Los Suaves, así como a verbena na praza Maior.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-luns-pechan-os-edificios-municipais-pola-festividade-de-san-froilan