Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O luns ábrese o prazo para presentar carteis ó concurso que elixirá a imaxe do San Froilán e o San Froilanciño

O luns ábrese o prazo para presentar carteis ó concurso que elixirá a imaxe do San Froilán e o San Froilanciño

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 29 de abril de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, deu a coñecer hoxe as bases dos concursos de carteis do San Froilán e o San Froilanciño 2011.

Mundiña explicou que o prazo para a presentación dos orixinais estará aberto entre o luns 2 e o martes 31 de maio, ata as 14.30.

O Premio de deseño gráfico San Froilán 2011 ten unha dotación económica de 2.000 euros e o de San Froilanciño, para menores de 15 anos, recibirá un premio valorado en 500 euros.

A Concelleira de Cultura explicou que o tema é libre e que os deseños contribuirán a exaltar a cidade de Lugo e as súas festas de San Froilán.

Mundiña tamén amosou a súa confianza en que este ano haxa aínda máis participación no certame ó que o ano pasado se presentaron 66 orixinais na modalidade de adultos e outros 20 na infantil.

www.sanfroilan.info [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-luns-abrese-o-prazo-para-presentar-carteis-o-concurso-que-elixira-imaxe-do-san-froilan-e-o

Ligazóns:
[1] http://www.sanfroilan.info