Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O luns 8 e martes 9 celebrarase un mercadillo de intercambio de libros de texto na Casa da Xuventude

O luns 8 e martes 9 celebrarase un mercadillo de intercambio de libros de texto na Casa da Xuventude

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 05 de xullo de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, pon en marcha un mercadillo de intercambio de libros de texto para o próximo curso que se vai celebrar o luns 8 e o martes 9 de xullo na Casa da Xuventude.

Desta maneira, entre as 11 e as 14 horas todas aquelas persoas que estén interesadas poderán achegarse á intercambiar os libros de texto que xa non van usar por outros que poden necesitar para o próximo curso. Trátase dunha iniciativa para que as persoas poidan aliviar o peso económico que supón a compra de libros novos para o próximo curso. Ademais, en moitas ocasións, os libros de texto, úsanse un curso académico e quedan en bó estado polo que é unha maneira de aforrar e reciclar o material en bo estado.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-luns-8-e-martes-9-celebrarase-un-mercadillo-de-intercambio-de-libros-de-texto-na-casa-da